lunes, 13 de agosto de 2012

Xuntanza en Cambados 2012

Como era previsto varios dos nosos socios moteiros participaron este ano na xuntanza de motos so Salnés, un ano mais con un bo éxito de participación.
Como as imáxenes valen mais que as palabras .......




Como se pode ver, o ambiente foi moi bo e mesmo se pode decir que Maraguai e José Ramón están abrindo novos camiños na china.....a verdade e que como relacions públicas non teñen pago.


martes, 7 de agosto de 2012

Concentración Motos Vellas do Salnés 2012

O domingo día 12 de Agosto celébrase en Cambados a XV concentración de motos clásicas do Salnés, unha das mais pretixiosas concentracións de clásicas en Galicia, neste ano como todolos anteriores solo e posible asistir si antes se fai a reserva da inscripción e se paga a correspondiente reserva que se debe enviar por fax ou xustificante.
Os prezos son 15 euros sin a comida e 30 euros coa comida.
Avisaremos para quedar os que queiran ir a Cambados.
 

Xuntanza de Carballo 2012

O día 8 de Xulio celebrouse en Carballo a Xuntanza de motos clásicas de Bergantiños, a proba como sempre ben organizada polos amigos de Carballo, contou con unha boa asistencia de motos, neste caso 10 socios do noso club asistiron a proba.
Algunhos de nos sentimos que este ano cadrase coas festas de Silleda e Escuadro e non poideramos asistir a tan fermosa xuntanza, a mais lonxana para nós e a que a todos nos gusta participar, sin mais noraboa como sempre os organizadores.