viernes, 24 de mayo de 2013

XI XUNTANZA MOTOS VETERANAS DEZA

O domingo día 2 de Xuño celebrase a nosa XI Xuntanza de Motos clásicas na Comarca de Deza, este ano o percorrido será polos Concellos de Silleda e Vila De Cruces, visitando o Poboado mineiro de Fontao onde poderemos ver un video das súas afamadas minas de wolframio, logo estaremos no fermoso Mosteiro de Carboeiro, unha parada para degustar unhos pinchos na Bandeira e logo seguiremos o percorrido por Merza, Bascuas ata Ponte Ledesma, alí podemos ver as illas de Gres e logo de volta para a Bandeira por Cira e Piñeiro, chegando a Bandeira, e pa rematar teremos unha boa parrilada no Restaurante Pino que como sempre nos sorprenderá co seu saber cociñando productos locais de calidade.
Si o día acompaña será un percorrido de moita beleza polas reviradas ruas destes pobos da ribeira do río Deza, quedades invitados todos.