lunes, 29 de junio de 2009

Motos clásicas de Ourense - A Xesteira

Mirade que bonitos estamos todos de uniforme, asi da gusto, si hasta parecemos a Olympus, bueno algo mais mantidiños estamos, porque nesto das clásicas ,a dieta non é o que predomina, e o licor cafe menos, sabe a dios.....e este ano mais pa sacudirse a choiva...
P.D. : Fixádevos no Taboada que pose mais interesante ten, sabía que ia a sair no internet....

martes, 16 de junio de 2009

Concentración en Monterroso




Convidados polos amigos do motoclube de Monterroso, una boa representación de socios foron a esa vila para dar unhas voltas e participar coas motos "grandes" nunha ruta, logo comida e agasallos.
Como podedes ver, Taboada, facendo o sino da victoria, é o mais famoso do blog, colleulle gusto a levar a moto no remolque. Asi seica non se cae dela nin se rasca as pernas. Xa dixo Joaquin que lle iba a mercar unhas rodilleiras cojonudas no Lidl, senon vai quedarse sin xenro.

Deixando a pel na Xuntanza


Está claro que este ano traballamos para organizar todo esto, e mais de un se deixou a pel no evento, como podedes ver Taboada foi un deles....

lunes, 8 de junio de 2009

VII XUNTANZA MOTOS VETERANAS DEZA


A pesares das dificultades meteorolóxicas puidemos facer a nosa VII Xuntanza de motos clásicas. Case que medio centenar de osados motoristas disfrutamos dun día de rutas moteiras onde a ameaza de chuvia foi unha constante e só o final fixo acto de presenza.
Gracias a todolos participantes da proba, sobre todo os que viñero de fora, polo seu apoio nun día que calquer cousa convidada mais, que a de andar na moto.
(Foto de Faro de Vigo/Bernabé/Gutier).

lunes, 1 de junio de 2009

Xuntanza Motos Veteranas Deza



Este fin de semana tocanos a nós.!!!!!!.

Esperemos que todo vaia a sair ben. Xa está todo preparado agora solo falta que non chova.

Animádevos a vir todos, socios e non socios, vamos a disfrutar das motos, da paisaxe polas carreteras da Saborida, Barcia, do curioso e traballado Museo do Patrón, dos boísimos pinchos da Casa do Gato, e como non, do polvo e richada do Restaurante Alto da Pena.

Asemade levades unha mochila de balde, uns trofeos os gañadores das categorías de pilotos e motos e o mellor un dos dous xamóns que sorteamos entre os asistentes a festa.

Vemonos alí.!!!!!!!!!!!!!