viernes, 3 de junio de 2011

Cartel IX XUNTANZA MOTOS VETERANAS DEZA

Esperamosvos..........................

IX XUNTANZA MOTOS VETERANAS DEZA - 5 XUNO 2010

O día 5 de Xuño celebramos a nosa xuntanza anual, neste caso volvemos case que a repetir o mesmo recorrido que o ano pasado, ainda que facemos a ruta o revés e un pouco cambiada. O motivo de volver a Soutelo de Montes e porque se celebra a primeira proba do Campionato Galego de Clásicas no circuito da Madanela, e alí pararemos para ver polo menos o entrenos da proba.
Saimos as 11 de Silleda, da rúa Cartaxena, alí na Lareira de Cuiña tomaremos un cafeciño con leite e rosca ou bizcoito, logo iremos en dirección a Soutelo de Montes pola estrada de Laro e subiremos polo Alto do Candan, logo pasaremos polo Mosteiro de Acibeiro, revirando en Cachafeiro a Soutelo de Montes.
Ali aparcaremos na Praza do Gaiteiro e tomaremos unhos viños con unhas boas tpas no Pan de Soutelo, logo tomaremos camiño do circuito da Madanela.
Presenciaremos as tandas de entrenamentos e o acabar tomamos o camiño de volta con dirección a Silleda pola estrada de Graba, en Silleda seguiremos ata Prado, alí no Alto da Pena comeremos un bo Polvo e Rixada como nos derradeiros anos.
A ver si temos sorte e non chove e tod@s pasamos un boi día entre as "clásicas".