lunes, 3 de junio de 2013

XI XUNTANZA un exito de participación.

O domingo o tempo acompañou e foron moitos os aficionados que poideron participar na nosa XI Xuntanza de Motos Veteranas Deza, case que 120 inscriptos fixeron a ruta deste ano polas estradas dos concellos de Vila de Cruces e Silleda.
A ruta de 55 kilómetros con paradas en Fontao para visitar o Museo Mineiro tivo unha boa acollida entre os amantes das motos clásicas, agradecemos o concello de Vila de Cruces as facilidades para a súa visita.
A Bandeira foi case que centro da ruta, ali fixemos a parada no Arume para os pinchos e a comida foi no Restaurante O Pino de Chapa, onde Manolo nos fixo un delicioso asado que gustou moito os moteiros.
Pero como as imaxes din mais que as palabras....ahi van unha escolma de imaxes da XI Xuntanza. Moitas grazas a todolos participantes.















No hay comentarios:

Publicar un comentario